A grande exposición do Ano Laxeiro chega a París

Pode verse na sede do Instituto Cervantes ata o vindeiro 12 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
A grande exposición do Ano Laxeiro chega a París

Desde o pasado venres 27 de xaneiro a sede do Instituto Cervantes en París acolle a exposición Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970). Esta mostra, principal conmemoración do Ano Laxeiro que se desenvolveu durante 2022 chega á capital francesa mediante unha colaboración entre esta institución e a Xunta de Galicia.

A mostra, que se pode ver ata o vindeiro 12 de marzo, recolle a evolución de Laxeiro durante as dúas décadas que o pintor pasou en Bos Aires. Unha selección de pezas amosan este período de madurez do autor, nun proxecto que comisariou o historiador da arte e ensaísta Carlos L. Bernárdez. A exposición puido verse xa na Cidade da Cultura, en Lalín e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Instituto Cervantes, Xunta de Galicia, América...