A AS-PG presenta cinco entrevistas en profundidade con autores culturais

Na serie explórase a música, a literatura ou a historia

Na serie explórase a música, a literatura ou a historia
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) publicou na rede cinco entrevistas en profundidade tituladas "70 minutos.con", nas que recolle diálogos entre dúas xeracións de autores galegos, centrados en figuras consagradas da nosa cultura, como Xaquín Marín, Uxía Senlle, Helena Villar e Xesús Rábade, Ricardo Gurriarán ou Francisco Rodríguez. As pezas, de 70 minutos, son entrevistas feitas por autores de xeracións posteriores ás dos entrevistados nos que se aborda a súa biografía e contribución cultural. Os vídeos van acompañados de interpretacións musicais. Pódese acceder ás entrevistas desde esta mesma noticia.

Entrevista con Xaquín Marín:



Entrevista con Francisco Rodríguez:



Entrevista con Uxía Senlle:



Entrevista con Helena Villar e Xesús Rábade:



Entrevista con Ricardo Gurriarán: