A Xunta, a través da ConsellerÃa de Cultura e AGADIC, participaron onte na constitución da Comisión de Coordinación para a Axenda Cultural Común con Portugal. Trátase dunha das accións da Estratexia Común de Desenvolvemento Transfronteirizo España-Portugal, promovida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o reto demográfico e a República portuguesa. A estratexia ten liñas como mobilidade, infraestruturas, xestión conxunta de servizos no ámbito educativo, saúde ou desenvolvemento económico e loita contra a despoboación, e incorpora un pequeno epÃgrafe sobre patrimonio cultural e a creación cultural "como vectores do desenvolvemento socioeconómico e a integración social". Na axenda cultural común a Xunta presentou proxectos como Nortear, Aritmar ou Ponte...nas Ondas! entre outros.