Un total de vinte centros de ensino poderán aplicar a partir do curso 2023-2024 de xeito experimental o modelo internacional de educación en materia de patrimonio Ponte... nas Ondas! O Consello da Xunta aprobaba neste 9 de novembro a iniciativa que promoverá deste a ConsellerÃa de Educación e Cultura unha rede de centros que traballen con este sistema que foi recoñecido pola UNESCO coa inscrición no seu rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial como un modelo de referencia.
Segundo explica a ConsellerÃa, con esta acción, que se desenvolve en colaboración coa Asociación Ponte... nas Ondas!, quérese "reforzar a implicación dos nenos e mozos nas súas propias tradicións e crear conciencia sobre a importancia do patrimonio cultural inmaterial, a valorización do propio e garantir a transmisión ás novas xeracións ao tempo que seguir traballando en afianzar os lazos coa lusofonÃa e o vÃnculo con Portugal". Os centros que se inscriban neste proxecto "contarán cunha serie de recursos e serán recoñecidos como centros Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)".
De xeito paralelo, Ponte... nas ondas! coorganiza o VI Congreso Internacional Patrimonio Cultural Inmaterial e Educación que se celebra en Ourense e Vilarelho da Raia entre os dÃas 16 e 19 de novembro. O Centro de Cultura Popular XaquÃn Lourenzo, a Universidade de Vigo e a Universidade Trás-Os-Montes e Alto Douro (UTAD) participan da organización deste encontro, que se celebra baixo o lema "Ponte entre escola e sociedade".
O 20 aniversario da aprobación da convención da Unesco de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial será un dos eixos do programa, que contará coa presenza de destacadas figuras internacionais no campo do patrimonio inmaterial e mesmo a intervención dunha representante da UNESCO deste ParÃs. O intercambio de experiencias arredor do eixe temático do congreso marca esta proposta, na que se presentará o traballo de diferentes museos, centros de ensino e programas sobre patrimonio.
Para alén do programa académico, este espazo que sentar as bases para "a creación dunha rede de experiencias no ámbito do Patrimonio Cultural Inmaterial á que están convidadas case un cento de entidades (museos, asociacións, etc) dos concellos da raia". Canda a isto, tamén se presentará o proxecto de creación dun Centro do Patrimonio Cultural Inmaterial na alfándega de Valença do Minho.