Quiosco: Erregueté 104

A publicación atende á actualidade escénica galega do segundo semestre de 2022

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Quiosco: Erregueté 104

Santiago de Compostela acollía este 11 de xaneiro a presentación da entrega 104 de Erregueté. A Revista Galega de Teatro achega neste novo número artigos sobre unha vintena de espectáculos estreados no segundo semestres de 2022.

A publicación presta atención á danza con textos sobre as coproducións do Centro Coreográfico e o festival Cartografía en Movemento de Lugo ou á ópera con contidos sobre Loba branca de Brais González e Papagena de Iago Hermo. Na sección de Monicreques e teatro de obxectos un texto repasa o festival Titiriberia e outro dá conta do 40 aniversario do teatro de títeres en Galicia.

Outros contidos que se poden atopar na publicación son un artigo sobre Roberto Vidal Bolaño, o proxecto Nós /Nous ou análises da programación de Vigocultura, do FIOT de Carballo, ou a escena galega no festival de Almagro. O número tamén inclúe recensións de diferentes publicacións ou unha crónica do encontro que se celebrou na última MIT Ribadavia sobre o teatro interxeracional.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Erregueté 105

Quiosco: Erregueté 105

A Revista Galega de Teatro presentou o seu número semestral e o cuarto volume de dramaturxias

Quiosco: Erregueté 95

Quiosco: Erregueté 95

A nova entrega da Revista de Teatro inclúe un texto dramático de Francisco Javier Suárez Lema

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Erregueté, Teatro, Revista Galega de Teatro, Santiago de Compostela...