Tui celebrará en 2023 o 'Ano de Francisco Sánchez'

Unha exposición e un congreso académico promoverán a figura e legado do filósofo renacentista

| Santiago. Redacción | Seccións: CienciaExposicións
Compartir:
Retrato de Francisco Sánchez por Michel Lasne. Biblioteca Nacional de España.

Retrato de Francisco Sánchez por Michel Lasne. Biblioteca Nacional de España.

O concello de Tui xa ten perfilada a programación coa que este ano renderá homenaxe ao filósofo, médico e científico Francisco Sánchez, co gallo dos 400 anos do seu pasamento. Francisco Sánchez (1550-1623), ao que se lle deu o alcume de "O Escéptico" nacido en Tui de nai portuguesa e falecido en Toulouse, foi un dos grandes filósofos e pensadores que ten dado Galicia e un dos principais referentes, precursor de Descartes, da filosofía europea do humanismo renacentista, especialmente pola súa obra "De multum nobili et prima universali scientia. Quod nihil scitur" ("Do máis nobre e universal primeiro saber. Que nada se sabe").

Ademais de médico e filósofo, Francisco Sánchez tamén foi matemático e poeta. A súa formación e carreira profesional tiveron lugar en diversas localidades de Francia (Toulouse, Montpellier, Burdeos...), onde a súa familia marchou sendo el cativo. Outra obra de coñecida de Sánchez foi "Opera Medica", unha colección de tratados de medicina práctica, farmacia e filosofía. O Pleno da Corporación Municipal tudense na súa sesión de 24 de novembro pasado acordou a declaración do ano 2023 como 'Ano de Francisco Sánchez' coa finalidade de promocionar a súa figura e o seu legado. A Xunta de Galicia, a través da Dirección director Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade cooperará co Concello nesta programación que incluirá unha exposición, tanto en Tui como itinerante pola Red de Xuderías, diversas publicacións, xornadas divulgativas e un congreso de carácter académico.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Na senda do suicidio

Na senda do suicidio

A Fundación Seoane revisa a última viaxe do filósofo Walter Benjamin

Antes de Descartes

Antes de Descartes

O tudense Francisco Sánchez foi un dos antecesores da filosofía moderna

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tui, Filosofía, Medicina, Educación...