Tui celebra o pensamento e a vida do filósofo Francisco Sánchez.

Celebrarase o 14 de novembro en Tui

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Tui celebra o pensamento e a vida do filósofo Francisco Sánchez.

A vida do médico Francisco Sánchez, natural de Tui e tamén vinculado a Portugal, podería ser un arquetipo do azaroso mundo cultural e vital do Renacemento europeo. De Galicia, onde naceu en 1551, a Portugal, e de Portugal coa súa familia a Francia, onde estudou Medicina en Bordeos, e tamén en Italia, para instalarse logo de novo en Francia, en Montpellier, onde elaborou os seus principais textos filosóficos, pioneiros da visión moderna da ciencia e do coñecemento. Unha xornada organizada polo concello de Tui e o Consello da Cultura Galega afondarán na obra e na vida de Sánchez. Celebrarase na Sala Félix Rodríguez da cidade o martes 14 e pecharanse cun concerto no Teatro Municipal ás 20 h. Na xornada do martes, a profesora Idalina María Sidoncha, profesora da universidade da Beira Interior, falará sobre o pensamento filosófico de Sánchez, mentres que Gonzalo Gómez García, profesor da Universidade Francisco de Vitoria, achegarase ao seu pensamento médico. Os historiadores locais Rafael Sánchez Bargiela e Suso Vila abordarán a biografía do autor e as súas orixes xudías, respectivamente. Tamén se presentará o 16 de novembro a tradución ao galego do principal texto de Francisco Sánchez, o tratado filosófico Quod nihil scitur.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Antes de Descartes

Antes de Descartes

O tudense Francisco Sánchez foi un dos antecesores da filosofía moderna

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tui, Portugal, Francia, Medicina...