A Asociación Amigos da Ópera de Santiago comeza o ano con dúas producións propias

Leva a escena A voz humana e a zarzuela galega A lenda de Montelongo este mes de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Imaxe de A voz humana. Fonte: Amigos da Ópera de Santiago

Imaxe de A voz humana. Fonte: Amigos da Ópera de Santiago

Dous espectáculos no Auditorio de Galicia inician a actividade da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago en 2023. O vindeiro xoves día 12 chega a escena, dirixida por Rafael F. Villalobos, A voz humana, unha adaptación da obra de Francis Poulenc en pequeno formato. A soprano dramática Nicola Beller Carbone, o pianista Juan Pérez Floristán e o actor Luis Tausía protagonizan esta montaxe que ten xa á venda as súas entradas.

Só dous días despois, o día 14, a Banda Municipal de Santiago de Compostela, o Coro Liceo de Vilagarcía e a agrupación Cantigas e Agarimos participan na posta en escena da zarzuela galega A lenda de Montelongo. Dirixida por David Fiuza, a obra conta coa soprano Patricia Rodríguez, os barítonos Gabriel Alonso e Julio Cores, o actor Gonzalo Valcárcel e a actriz Chus Sánchez.

A peza, estreada orixinalmente no Teatro Principal da capital galega en 1924, constitúe un dos principais exemplos da chamada zarzuela galega. Este xénero, consolidado ao abeiro da Irmandades da Fala, emprega a noas lingua e recolle pezas do repertorio tradicional galego como muiñeiras, coros, alalás, xotas ou cantares de cego.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Asociación de Amigos da Ópera, Auditorio de Galicia, Teatro...