Amigos da Ópera de Santiago leva a escena Il segreto di Susana

O Teatro Principal acolle a estrea da montaxe este sábado 16

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Amigos da Ópera de Santiago leva a escena Il segreto di Susana

O sábado dezaseis de decembro as 20 horas alzará o pano a segunda produción de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela. O Teatro Principal da cidade acolle a estrea de Il segreto di Susana, un proxecto que conta con dirección artística de Cándido Pazó, que tamén estará presente en escena, e as voces da soprano moldava Clara Jelihovschi Panas e do barítono Javier Franco. A música irá a cargo do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) e sobre as táboas un total de dez artitas darán a vida a esta ópera cómica nun acto, musicada por Ermanno Wolf-Ferrari sobre libreto de Enrico Golisciani e estreada orixinalmente en 1909.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Teatro, Cándido Pazó, Atlántico...

Claves

Protagonistas
Conceptos