Ferrol crea unha asociación para promover espectáculos líricos de pequeno formato

O seu presidente é José Manuel Grande Morlán

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Tiña teatro da ópera antes que Milán inaugurase a súa sonada Scala (1778) pero esa tradición perdeuse en Ferrol co paso dos anos. Recuperala é o que pretende a Asociación de Amigos da Lírica que se constituíu o pasado 26 de xaneiro na cidade departamental. Unha entidade que pretende promover espectáculos de lírica (ópera e zarzuela) con concertos, conferencias, conversas e a crítica. O presidente desta entidade é José Manuel Grande Morlán e o seu vicepresidente e José Castro Luaces.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Ópera, Teatro, Milán

Claves

Conceptos
Lugares