
Con este premio, Ópera XXI apunta que "a coincidir coas celebracións dos 250 anos da fundación do primeiro teatro de ópera nesta cidade o 65 aniversario do Festival de Ópera da Coruña" a entidade quere "enviar ás institucións unha clara mensaxe sobre a necesidade de aumentar os apoios destinados á actividade lÃrica, e de xeito explÃcito ao labor que vén realizando Amigos da Ópera da Coruña, a entidade decana entre as españolas". Ademais, a entidade sinala que "desde que en 2016 se producira a cancelación da súa temporada lÃrica, Amigos da Ópera seguiu loitando de xeito heroico por manter en Galicia unha programación de calidade, unanimemente recoñecida, aquà e fóra, con medio cada vez máis precarios".