O Festival de Ópera de A Coruña ofrecerá unha ópera completa de Wagner e o regreso da OSG ao evento

Amigos da ópera

30/6/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O vindeiro 3 de setembro inaugurarase a 53 edición do Festival de Ópera da Coruña. A cita organizada pola Asociación de Amigos da Ópera ten varios puntos atractivos. Por unha banda no repertorio, que inclúe por primeira vez a posta en escena dunha ópera completa de Wagner “Lohengrin” (7 de setembro), na que Semyon Bychkov dirixirá un reparto encabezado por grandes figuras como o tenor Johan Botha ou a mezzo Petra Lang. Pola outra, nas formacións, xa que a Orquestra Sinfónica de Galicia volve ao festival, aínda que os seus compromisos reducen a súa participación á gala lírica de clausura coa chilena Cristina Gallardo-Domás. Ademais, esta edición presenta dúas óperas moi coñecidas pola afección coruñesa: “A traviata” e “A sonámbula”.

Máis información sobre o programa no web da Asociación de Amigos da Ópera

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, A Coruña, Asociación de Amigos da Ópera, OSG...

Claves

Conceptos
Lugares