“Ademais dun divertimento para os que temos unha cultura da lÃrica, queremos que o curso sexa didáctico para que os que non estea metido neste mundo desperte o interese e poida gozalo”. Con estas palabras José Castro, o presidente da Asociación de Amigos da LÃrica de Ferrol anunciou que se fará un “esforzo especial” para os pequenos. Entre eles está a “Frauta máxica” de Mozart que chegará á cidade departamental no primeiro trimestre. A temporada lÃrica de Ferrol comezará o vindeiro sábado cunha conferencia de Elia Bernabé sobre a zarzuela do século XXI e o 6 de novembro respresentará no Jofre “Unha noite na Zarzuela” con dous solistas do Teatro da Zarzuela de Madrid.