O xénero da zarzuela chega a Santiago nun ciclo con catro concertos

Zarzuela de cervexa

Desde hoxe e ata o vindeiro día 8 de xaneiro Santiago acolle a celebración do seu primeiro Festival de Zarzuela. Un evento que organizan conxuntamente o Concello de Santiago a Fundación Caixa Galicia co apoio e asesoramento da Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza. Pero non é o único evento musical destes días, xa que se acaban de entregar os I Premios da Música Maketón Estella Galicia. Uns premios organizados por Radio Vigo co obxectivo de potenciar a música local. Cinco premios que se entregaron a semana pasada en medio dun animada movida.

Premiere


Esta noite a zarzuela abrirase un oco dentro da programación musical compostelana. Por primeira vez, os compostelanos poderán gozar de catro concertos con fragamentos de obras do xénero lírico español dos máis importantes compositores. Unha programación que comeza hoxe no Teatro Principal coa soprano Ana María Sánchez e o pianista Manuel Burgueras. O segundo concerto celebrarase o xoves 27 de decembro e nel participarán o barítono Manuel Lanza e a soprano Maria Guedán, acompañados por Borja Mariño.
A seguinte cita coa zarzuela terá lugar o dia catro de xaneiro, e neste concerto daraselle unha oportunidade os máis novos que se están a abrir un oco dentro da programación musical deste xénero. Algúns deles son alumnos ou ex-alumnos na cátedra de canto de Teresa Berganza na Escola Reina Sofía. O festival pechará o 18 de xaneiro coa intervención de Carlos Álvarez, un dos valores do momento, que estará acompañado ó piano por Rubén Fernández Aguirre.
Para popularizar este xénero e para que acuda o maior número de xente posible ó Teatro Principal, desde a organización ofreceuse un abono de 2.500 (15.03 euros) pesetas para asistir ós catro concertos. O prezo de cada concerto custa 1.000 pesetas (6.01 euros).












I Maketóns



Mellor Maketa, mellor directo, mellor productor, mellor disco e a traxectoria musical. Estes foron os premios cos que Radio Vigo pretende potenciar a música local. Para isto, a Sala Nova Olimpia vestiuse de galara para acoller o acto de entrega dos I Premios da Música Maketón Estrella Galicia.
O premio á mellor maketa foi para Juan Rivas, que competía con Superbudú, Ojo Maestro, Lombardi e Starluxe; o de Mellor Directo reaceu entre "The Tonka Jazz Quartet", e o de Mellor Productor foi para Pablo Iglesias dos estudios Mix Plus.
Para completar a lista de premiados estaban Kannon que se fixo co Mellor Disco con "De nuevo nunca"; e Sinistro Total pola súa Trasxectoria Musical.