A Coruña e Vigo inician mañá os festivais de música con jazz e zarzuela respectivamente

Zarzuela con jazz

24/4/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A música é a protagonista nas programacións culturais destes días. Na Coruña comeza mañá o VIII Ciclo de Jazz que organiza a Fundación Barrié. O acto de inauguración terá lugar no auditorio da Fundación con James Williams ao piano, Dennis Irwin ao contrabaixo e Peter Bernstein na guitarra. E tamén mañá en Vigo dará comezo a 16ª edición do Festival de Zarzuela de Vigo na Agrupación Galicia Social, que cada dous anos reúne en Vigo coros, instrumentistas e solistas para interpretar as pezas máis importantes do xénero musical español por excelencia.

Máis información no web da Fundación Barrié e na edición de hoxe do Atlántico Diario

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Jazz, A Coruña, Fundación Barrié...

Claves

Entidades
Conceptos