A Barrié celebra os X anos do seu ciclo de jazz cun programa que achega o xénero desde diferentes puntos de vista

Na memoria de Charlie

7/4/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Fundación Barrié continúa fiel ao seu compromiso co jazz e vén de presentar a décima edición do seu ciclo. Unha celebración que este ano pretende xerar unha homenaxe a Charlie Parker coincidindo co 50 aniversario do seu pasamento. A Orquestra Sinfónica de Galicia avala a proposta concertística que contará co saxofonista Phill Woods (venres 22) e co pianista Lorraine Desmarais (sábado 23). O ciclo completarase con conferencias, clases maxistrais e proxecións cinematográficas que se sucederán ata 23 de abril.

Máis información no web da Fundación Barrié

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Fundación Barrié, Xénero, Orquestra Sinfónica de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos