Os bolseiros da Fundación Barrié protagonizan un ciclo de espectáculos na Coruña e Vigo

Bolsas frutíferas

7/11/2007 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
Seis espectáculos a cargo de 18 intérpretes e tres artistas visuais, baixo a coordinación musical de Cristina Pato e a coordinación escenográfica de Pilar Alonso, todos eles bolseiros da Fundación Barrié de la Maza compoñen o Ciclo de Becarios da Fundación, que comeza con concertos na sede da Fundación na Coruña hoxe e mañá na sede de Vigo e durará ata o 29 de novembro. Nestes espectáculos soarán obras de compositores contemporáneos no contexto de escenografía especialmente creadas para cada un deles. Esta iniciativa da Fundación Pedro Barrié de la Maza esta vencellada coa celebración do corenta aniversario da súa actividade, xuntando a bolseiros das áreas de interpretación, composición musical e de dirección escenográfica. Os concertos serán de entrada libre ata completar aforo.

Máis información na Fundación Pedro Barrié de la Maza

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, Vigo, A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza...