Á hora de seleccionar unha figura para facer agasallos polo Nadal, Galicia é a comunidade do Estado que máis aposta por Papá Noel. Un estudo realizado pola cadea de supermercados Aldi, cunha mostraxe de 1.655 entrevistas por toda España, verificou que no noso país a aposta por este personaxe como único que trae agasallos á casa chega ao 24,1%, o duplo do que a media estatal.
A esta porcentaxe cabe engadir que nun 37,9% dos casos, o lapón comparte en igualdade a tarefa de traer agasallos cos Reis Magos. Aínda que estes últimos manteñen o liderado en Galicia, e son o que achegan presentes en exclusiva a un 33,3% dos fogares, a cifra está moi por baixo do 50% de casos na media estatal.
A análise de Aldi recolle tamén a presenza de "outras festividades propias das súa rexión" entre as que menciona o Tió catalán e o Olentzero vasco. Na análise detalla os datos de Canarias, Andalucía, Valencia, Madrid, Euskadi, Cataluña e Galicia.
No caso do noso país, sen mencionar especificamente o Apalpador, apúntase que nun 4,6% dos fogares os agasallos van a cargo de "outros", o que incluiría o Pandigueiro ou o carboeiro do Courel. Aínda que minoritaria, a porcentaxe sitúa a Galicia como terceira comunidade que máis aposta por estoutras figuras, a grande distancia de Euskadi, onde o Olentzero leva presentes ao 64,8% dos fogares, e Cataluña, onde o Tió corre co traballo nun 12,6%.