Culturagalega.org continúa coa súa proposta para regalar cultura este Nadal. Se a semana pasada comezamos pensando nos máis pequenos, hoxe chega o momento de ollar para aqueles con gustos pouco frecuentes e para eses que se declaran amantes da lingua. Aquà tes novas propostas para que mercar un agasallo non sexa misión imposible.
Chegamos á etapa dos adolescentes e dos novos (tanto os que o son no carné de identidade como de espÃrito), ese colectivo ao que é moi difÃcil facerlle un regalo e, ao mesmo tempo, acertar. Pola súa disparidade, polas súas diferencias e, por suposto, porque é un grupo que abrangue a un abano de idade moi amplo, diferenciamos varios perfÃs.
Os minoritarios
As súas afeccións son minoritarias, e a miúdo é moi difÃcil atopar algo que lle agasallar. Vanlle o rol, os videoxogos, os filmes e os libros de fantasÃa ciencia ficción ou terror, a roupa escura e as bandas deseñadas. Pode semellar estraño, pero podes atopar algo para el/ela sen necesidade de ir fóra do paÃs.
Comezamos pola literatura e, como non, cun xogo de rol. Chámase "As Crónicas de Gáidil" está no noso idioma, recréase nun contexto castrexo-fantástico chamado Gáidil, unhas terras que miran ao mar chamadas Gael-leach. Canda el, dous clásicos da ciencia ficción, agora en galego, editados pola nova editorial "Urco Editora": “Os primeiros homes na lúa” de H.G. Wells e “Retrospectio 2000-1887” de Edward Bellamy.
E se gustan das narracións en cadriños hai tres álbumes que non debes deixar escapar: “Historias de los niños sobrenaturales”, que conta a historia de catro nenos que atopan un lugar, o “campo de prata” ao que só chegan a través dos seus soños; “El evangelio de Judas” do debuxante Alberto Vázquez que é un compilatorio de relatos breves con máis de cen páxinas anteriormente inéditas. Esta obra está protagonizada por un esquÃo debuxante e moi católico que vai coñecendo personaxes como Xesús Cristo, XeremÃas, Barrabás ou o sapo Christian. Con estrutura e estética que beben da fábula, descrébese a vida de Xudas nun universo de animais antropomórficos paralelo ao da anterior obra do autor, "Psiconautas". E, por último, “Pinche Mundo” unha novela gráfica con estrutura de “road movie” ambientada entre Estados Unidos e México. Jim Montenegro, o protagonista, é un bo rapaz que, ao deixarse tentar polo diñeiro fácil dun mafioso timador que só procura branquexar os seus cartos, terá que enfrontarse a si mesmo e ás consecuencias dos seus actos. Cun coidadÃsimo debuxo, "Pinche Mundo" lévanos a unha viaxe envolvente, cunha galerÃa de caracterÃsticos secundarios que acompañan a Jim no descubrimento dos erros cometidos, da verdade e da redención.
"As palabras espidas" (Nao) e “Gallaecian Metal Compilation” son dúas propostas musicais coas que poderás acertar. O primeiro é un traballo con 11 temas creados desde referencias rock, hardcore, metal e punk, poñendo moita importancia nas letras, en galego, que tratan de poesÃa, amor e revolta social. O segundo, é un disco doble que compila unha escolma de temas de 26 grupos galegos de “hard” e “metal” rock.
Pero se é máis de videoxogos, está “Glest”, o primeiro deste tipo en tres dimensións feito en Galicia, que oferta a opción de xogar no noso idioma e que se pode descargar de xeito gratuÃto a través da rede. Canda este, pero xa de pagamento, está “E.L.E. Evento ligado á extinción” é un videoxogo que adopta o formato coñecido como “First Person Shooter”, é dicir, xogos de acción en primeira persoa. Un traballo cen por cen galego galego deseñado por Continental Games (a división de videoxogos da produtora coruñesa Continental), en colaboración cos vigueses AlÃa 3D.
Un prestixioso ilustrador de contos infantÃs é contratado polo director dun manicomio. A súa misión alà será decorar as paredes cos seus debuxos, para mellorar o ambiente do lugar. Semella un traballo fácil, mais as cousas complÃcanse cando o ilustrador descobre un escuro corredor no que se escoitan uns berros arrepiantes. Este é o argumento de "Berros no corredor", unha coprodución galega (Perro Verde Films) que podes mercar na rede (a prezo de 2 euros) que se estreou simultaneamente en Cannes e Cans. Iso si, a produción está en castelán con subtÃtulos en alemán, francés, xaponés, chinés.
E unha de gastronomÃa!. O restaurante xaponés de Santiago máis coñecido, o Sakura, pecha as súas portas. E para despedirse fai ofertas nos seus menús para que poidas descubrir, se aÃnda non o fixeches, a comida nipona. Ambientación xaponesa (teñen un tatami) e comida de calidade para facer sentir ao teu convidado un salto no espazo.
Por último, hai unha viaxe que non debes deixar de regalar. Son as I Xornadas de Manga que organiza a Asociación Kamakura, ou Salón do Manga de Vigo, aÃnda que esta cita está pendente de confirmar que se celebra.
Amante da lingua
É un especime que abonda entre a nosa mocidade. A xente que se preocupa pola lingua e ten o galego case coma unha afección. Canda a eles, o tema é tamén de interese para unha grande parte da nosa poboación. E oferta moitas posibilidades para o agasallo.
En primeiro lugar, conciliando activismo lingüÃstico con pracer gastronómico, a Asociación de Funcionarios pola Etiquetaxe dos viños en galego está a promover unha campaña con ese obxectivo. Escollemos algúns viños de adegas que apostan desde anos polo uso do galego nas súas etiquetas. AbadÃa de San Campio, un albariño das Adegas Terras Gauda feito no emblemático Rosal, a variedade sureña do Albariño galego.
O Gallaecia das Adegas MartÃn Códax é unha auténtica curiosidade enolóxica. É un albariño sobremadurado, e vendimado serodiamente, en acios afectados pola mÃtica botrite que crea viños afectados pola “podremia noble”, moi dulcificados. É un viño que só se fai en anos de condicións climáticas especiais. Hoxe pódese conseguir a anada do 2004.
A oferta literaria deixa, principalmente, tres tÃtulos. En primeiro lugar “Made in Galiza”, o último libro de Sechu Sende. En segundo lugar “Manifesta Galiza”, un libro no que Xesús Gónzález compila todos os manifestos da literatura galega do século XX, que nos permite ver as tendencias e movimentos que se produciron na nosa historia da literatura. Por último, se é reintegrado, temos o “Manual Galego de LÃngua e Estilo”. Un manual técnico (vén con CD co procesador de texto Open Office), moi completo e de grande utilidade.
No eido musical, propoñémosche "Revolution Dance, GalegoZ". Un traballo cun son compacto, maiores influencias disco e dos 70, letras máis irónicas e novas proclamas disco-revolucionarias que presenta a banda de Marcos Otero Payno, Pulpiño Viascón, Denis López “Mutante” e Roberto Alhambra “Bayo”.
E por se os amantes da lingua teñen nenos, sempre lle podes mercar algúns do complementos ceibes para "beibis ceibes" que ofrece “Beibiceibe” para nenos e nenas de ata seis anos e que inclúe tamén bolsas para que os pais leven as cousas dos meniños.
Para este grupo hai todo un clásico, o material mercadotécnico da Mesa pola Normalización LingüÃstica. Coas chapas cadradas “Descubre o teu punto Gue”, os bolÃgrafos “Úsame en galego” ou as camisetas de Shin Chan. Para camisolas, as de Caramuxo con diferentes tamaños, mensaxes, clasificadas por xéneros e idades. Como reza unha das súas camisetas máis coñecidas “A xente éche moi amiga de falar”
Sempre poder regalar unha viaxe, a escoitar paleos aos Ancares, as nasalizacións no Val das Ellas ou unha visita polo Verbum de Vigo, tamén coñecida como Casa das Palabras. Pero se prefires xogar con elas, pensa que Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) ten en liña un trivial.
Pero se o que quere sé facer un agasallo tecnolóxico, como un MP3, un DVD ou calquera outro tipo de aparello moderno, a túa marca é Blu Sens. A empresa compostelá conta con reprodutores MP3 con menús en galego.