Desaparece unha escultura de Silverio Rivas do antigo instituto de Brión

A peza de aceiro pesaba 700 quilos e tiña varios metros de altura

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O equipo do Museo de Pontevedra que o ano pasado estaba a preparar a exposición Silverio Rivas. Eloxio do silencio, aberta no centro ata o 5 de febreiro, foi quen se decatou. A escultura encargada pola Xunta en 1988 para o antigo instituto de Brión non estaba na súa localización. Tratábase dunha mole de 700 kilos de peso e varios metros de altura que desapareceu do edificio, abandonado entre 2007 e 2008 e cos estudos trasladados ao centro actual de Brión. O instituto, sometido a un forte vandalismo, foi finalmente cedido a unha empresa de entretemento para a práctica de airsoft, a modalidade de xogos militares. O propio escultor Silverio Rivas acudiu ás ruínas para comprobar que a escultura xa non estaba na súa ubicación, aínda que se carece de información sobre o seu paradoiro.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brión, Museo de Pontevedra

Claves