Ramón Conde denuncia a desaparición dunha escultura da súa autoría

A peza foi retirada polo Concello de Vigo logo de sufrir danos por colisións de tráfico

23/1/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: arte
46 lecturas | Compartido 0 veces

O Corredor. Fotografía de Elisardojm. Wikimedia Commons

O escultor Ramón Cando denunciou que ignora a localización da súa escultura O corredor, logo de que o Concello de Vigo a retirase da súa localización. A estatua, realizada en aceiro corten, estaba desde 2012 nunha rotonda da Avenida da Florida, onde foi golpeada por dous vehículos no pasado mes de novembro con poucos días de diferenza.

Segundo informa La Voz de Galicia, o artista esixiu ante a administración local coñecer a localización da peza e supervisar os traballos de reparación da mesma. Desde que a peza foi retirada por operarios municipais, Conde asegura non saber nada da mesma nin do tratamento que se lle está a dar.


Universo culturagalega.gal

16/09/2013

Morre Olimpio Liste

O investigador e fundador de dous museos etnográficos tiña 81 anos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo, Vigo, Ramón Conde, La Voz de Galicia

Claves

Protagonistas
Lugares