O temporal derruba parcialmente a Capela das Angustias de Muros

Os danos afectaron á sancristía deste templo do século XVII

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Capelas da Angustias, en Muros. Fotografía de Adrián Estévez. Fonte: Wikimedia.

Capelas da Angustias, en Muros. Fotografía de Adrián Estévez. Fonte: Wikimedia.

As chuvias caídas na mañá deste sábado 24 de decembro provocaron o derrubamento dun muro e de parte do teito da Capela das Angustias, situada na vila de Muros. A forza da auga acabou por derrubar o muro lateral e a cuberta da coñecida como Capela de Gracia deste templo, localizada na antiga sancristía. A capela, datada en 1665, está situada onda un cemiterio na parte alta do casco histórico e anexa á rúa do Hospital, que se fechou ante o risco de novos desprendementos.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muros

Claves

Lugares