Neste 2022 a piques de rematar celebrouse o centenario do nacemento de Carlos López García-Picos (Betanzos, 1922- Oleiros, 2009) músico sobranceiro e multifacético (compositor, director de corais, dinamizador cultural, etc) sempre comprometido coa causa galega. Unha efeméride que o Consello da Cultura Galicia encaixou dentro da atención especial ás contribucións á cultura galega realizadas no exilio, en consonancia coa figura elixida no Día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán. No marco da conmemoración o Consello ven de difundir en aberto a través da súa páxina web institucional a primeira gravación realizada da obra sinfónica de García-Picos ' Sindy, A.31', estreada o 8 de agosto de 1976 dentro dun concerto da Tempada Oficial do Teatro Colón de Bos Aires, pola Orquestra Filarmónica de Bos Aires baixo a dirección de Mario Benzecry. A peza, de 11 minutos de duración, pode escoitarse íntegra na sección especial de contidos dedicados á comemoración da memoria do músico. A gravación difundida repousaba na Colección Pampillón do Arquivo Sonoro de Galicia que agora, como colofón dos actos de celebración do centenario do nacemento do músico, o Consello da Cultura galega (CCG) pon na rede cun estudo contextualizador a cargo de Javier Ares Espiño e María del Carmen Lorenzo Vizcaíno.
Con esta peza García-Picos, gañou o premio da Tribuna Nacional de Compositores 1979 (TRINAC), concurso organizado polos Encuentros Internacionales de Música Contemporánea coa colaboración de Ricordi Americana e o Consejo Argentino de la Música. A TRINAC é membro do Consejo Argentino de la Música (UNESCO-PARÍS) e do Consejo Latinoamericano de la Música. Sobre ela, o propio autor dixo que era "un día no campo" que recorda "o amencer co comezo do canto dos paxaros que pouco a pouco van engrosando ata que todos cantan con diferentes comportamentos nun bloque aleatorio que se repite dúas veces máis, pero con algunhas variantes e ao atardecer van desaparecendo coa noite ata os últimos cantos suaves. Sindy só contén unha pequena célula temática que anuncia a trompeta ao comezo da obra e durante a mesma desprázase alternativamente entre as familias orquestrais e é exposta polos violonchelos a modo de recapitulación". A obra toma o nome de Sindy, o can que acompañaba a García Picos nos paseos polos bosques que lle permitiron compoñela.