O CCG inicia o seu especial sobre Florencio Delgado Gurriarán

Recupera entrevistas e textos do autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
O CCG inicia o seu especial sobre Florencio Delgado Gurriarán

Hoxe principia o novo especial do Consello da Cultura Galega, dedicado ao Día das Letras Galegas 2022 e o autor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán. O especial contén unha biografía do autor valdeorrés, canda unha entrevista realizada en 1968 no programa Poetas de Galicia de Radio Nacional de España, dentro dun monográfico sobre a súa figura. Ademais, o especial permite achegarse á súa obra poética, publicada nas revistas culturais do exilio mexicano que el contribuiu a fundar e soster, como Vieiros e Saudade. Nos vindeiros meses, o Consello da Cultura Galega irá incorporando novos contidos ao especial.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Florencio Delgado Gurriarán, Consello da Cultura Galega, Día das Letras Galegas, Vieiros