O Estado recoñece a revolución pedagóxica de Antía Cal

O Ministerio de Educación e Formación Profesional outórgalle a título póstumo a medalla de Alfonso X o Sabio

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:
Antía Cal nun fotograma de "Regalo de Memoria'

Antía Cal nun fotograma de "Regalo de Memoria'

A mestra e pedagoga Antía Cal (A Habana 1923) deixábanos o pasado mes de marzo deste 2022 falecendo en Moaña con 98 anos. O Ministerio de Educación e Formación Profesional ven de incluíla, a título póstumo, entre as "21 figuras imprescindibles e inspiradoras" ás que outorgar as condecoracións da Orden Civil de Alfonso X o Sabio. Estas distincións recoñecen a contribución de persoas o entidades aos campos da educación, a ciencia, a cultura, a docencia e a investigación. No caso da insigne pedagoga galega, o Ministerio recoñece nela "a muller que quixo revolucionar a educación desde a escola nos tempos da longa noite de pedra do franquismo, que contra vento e marea foi a precursora da escola do século XXI en Galicia, unha escola laica, mixta, igualitaria e aberta", segundo destacou o secretario de Estado de Educación, José Manuel Bar, durante a cerimonia de entrega das condecoracións. O galardón foi recollido polo fillo de Antía Cal, Hixinio Ultreia Beiras Cal, en nome da familia.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Antía Cal, Ministerio de Educación, Franquismo...

Claves

Protagonistas
Lugares