A ceramista Laura Delgado gaña o Premio Artesanía de Galicia

O xogo de cocteleiría peliqueira combina cultura polinesia con entroido tradicional

| Santiago. Redacción | Seccións: Artesanía
Compartir:
A ceramista Laura Delgado gaña o Premio Artesanía de Galicia

A artesá de Cambre, Laura Delgado, ven de ser recoñecida hoxe co Premio Artesanía de Galicia 2022, outorgado a través da Fundación Artesanía de Galicia da Xunta. A obra gañadora 'O mundo ao revés. Coctelería Peliqueira' consiste nunha colección de vasos de coctelería que imitan en porcelana o concepto dos vasos tiki decorados con elementos da cultura polinesia e enlázaos co entroido tradicional da provincia de Ourense, representando os Peliqueiros de Laza, as Pantallas de Xinzo, os Felos de Maceda. A fundación entregou tamén a Carmen Riveiro, de Zas, tecedeira, presidenta da Asociación Amigos do Liño dende a súa creación no ano 1993 e titular do obradoiro Liño de Galicia, o premio á súa traxectoria como tecedeira pero tamén ao seu labor na recuperación e promoción do tecido de liño. Ademais, a fundación fixo tamén entrega da bolsa Eloy Gesto á sombreireira Julia Vilariño, de Pontedeume, que grazas a este premio poderá ampliar a súa formación artística con artesáns de referencia na sombreirería, grazas ao que poderá afondar en diferentes técnicas, metodoloxías de traballo e materiais como as plumas, o metal ou a madeira. O premios foron entregados polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun acto celebrado en Santiago de Compostela está mañá.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Pontedeume, Laza, Ourense...