A Filmoteca de Galicia apura con novas ofertas a celebración sobre María Casares

Tres filmes e unha serie gravacións teatrais e televisivas da actriz poderán verse neste final de ano e durante xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualCentenario María Casares
Compartir:
María Casares

María Casares

A Filmoteca de Galicia manterá o protagonismo de María Casares, no ano do seu centenario, a través da súa programación deste decembro e no mes de xaneiro. Tres filmes, unha gravación dunha das súas obras teatrais, e a presentación dun libro traerán de novo a memoria da actriz coruñesa ante o público neste derradeiro mes do ano. O ciclo María Casares no seu centenario ofrece o documental 'Las dos memorias', de Jorge Semprún, e as longametraxes de ficción 'La lectora', de Michel Deville, o día 7 e 'Monte bajo', de Julián Esteban, o día 9. Para o día 22 está programada na cinemateca autonómica a proxección dunha gravación en directo da produción teatral Macbeth, de 1959, na que a actriz galega lle daba vida a Lady Macbeth baixo a dirección artística de Claude Barma. Neste sentido a Filmoteca está a traballar en recompilar unha escolma co fin de ofrecer unha serie de material televisivo pouco coñecido sobre a gran intérprete. Xa a partir de xaneiro, poderá verse na Sala José Sellier da Coruña parte desta recompilación, que incluirá tamén a proxección da posta en escena de Hamlet e un par de telefilmes, así como varias intervencións de María Casares e noticias sobre ela na televisión francesa. Ademais fóra xa do estritamente audiovisual, a sede da Filmoteca de Galicia na Coruña acollerá o martes 13 a presentación do libro 'A única. María Casares' a cargo da súa autora, a escritora e tradutora francesa Anne Platagenet.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Casares, Filmoteca de Galicia, A Coruña, Documental...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares