A UNESCO declara o toque de campás manual no Patrimonio cultural inmaterial

Foi escollida dentro da xuntanza de Rabat

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O toque manual de campás foi seleccionado para a Lista Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade na XVII xuntanza do Comité Intergubernamental para o Patrimono Cultural Inmaterial celebrado en Rabat (Marrocos). A candidatura fora presentada polo Ministerio de Cultura e coordinada por Hispania Nostra e coordinada por Hispania Nostra, Campaners d’Albaida, o Museo Internacional del Toque Manual de Campanas, MitMac e asociacións locais de campaneiros. A UNESCO valora que "o toque de campás serviu como medio de expresión e comunicación en España, cumprindo unha serie de funcións sociais, desde o intercambio de información ata a coordinación, a protección e a cohesión". Catro campaneiros galegos, de Anllóns, Mondoñedo, Ponte Caldelas e Boqueixón, formaron parte do conxunto de diferentes comunidades autónomas que avalaron a candidatura.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO, Asociacións, Ministerio de Cultura, Mondoñedo...

Claves

Conceptos