Toques tradicionais de campás despedirán o ano en Compostela

A Catedral acollerá esta iniciativa coa que Campaneiros de Galicia conmemora o recoñecemento da UNESCO

27/12/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Campás da Catedral de Santiago. Fonte: Campaneiros de Galicia.

A Asociación Campaneiros de Galicia quere celebrar o recoñecemento que este mesmo mes de decembro fixo UNESCO do toque tradicional de campás como Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Para isto, os vindeiros días 30 e 31 de decembro dúas sesións farán soar de novo as campás da Catedral de Santiago de Compostela de xeito tradicional.

En concreto, o día trinta as dezasete pezas activas do templo soarán ás 11 da mañá durante vinte minutos para conmemorar a Translación do Apóstolo. Na seguinte xornada acompañarán a cerimonia de feche da Porta Santa ás 16:30 horas.

A Asociación Campaneiros de Galicia, creada neste mesmo 2022, quere reivindicar con esta iniciativa o toque manual de campás, en particular en templos como a Catedral de Santiago onde o tanxido leva decenios automatizado.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, UNESCO, Catedral de Santiago, Santiago de Compostela...