Baiona e San Martiño de Mondoñedo aspiran ao recoñecemento da UNESCO

A vila da Arribada quere unha candidatura conxunta con Palos e Santa Fe

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Unha candidatura tripla, cos portos de Palos e de Santa Fe, é a baza coa que Baiona aspira ao recoñecemento como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Como primeiro paso, a Comisión Española de Cooperación con la Unesco aprobou un informe a prol de concederlles ás tres localidades o título de Lugares Colombinos de España polos seus vencellos coas viaxes de Colón. Agora iniciarase un plan de acción con vistas a elebar a proposta ao organismo internacional. Pola súa banda, hai xa 50.000 sinaturas a prol de que a UNESCO recoñeza a Catedral de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, como Patrimonio da Humanidade. Logo dos traballos de recuperación do conxunto, o alcalde desta localidade anunciou a súa intención de mellorar o contorno e avanzar na presentación da candidatura.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO, San Martiño, Mondoñedo, Baiona...