Tui quere recuperar a candidatura a Patrimonio da Humanidade

O alcalde chama a Valença a recuperar a proposta

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A candidatura conxunta de Tui e Valença para ser declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO recobra forza. O alcalde tudense, Antonio Fernández Rocha, chamaba onte, durante a inauguración dunha mostra fotográfica, a que as dúas cidades comecen a traballar "para crear as condicións axeitadas" de cara a presentar esta proposta. O edil lembrou os múltiples vencellos entre as dúas localidades, "terras veciñas cunha memoria, unha lingua e un futuro común". Os primeiros contactos a prol desta candidatura desenvolveronse ao pouco do recoñecemento da Muralla de Lugo pola UNESCO, pero desde 2004 a actividade arredor desta cuestión foi practicamente nula.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio da Humanidade, Tui, UNESCO, Muralla de Lugo

Claves

Entidades