Tres concellos portugueses, Almeida, Marvão e Valença presentaron onte a candidatura das Fortalezas da Raia a Patrimonio Mundial, nun evento organizado na praza forte de Almeida. O acto consistiu na entrega do proxecto ao presidente da Comissão Nacional da UNESCO, o embaixador José Moraes Cabral. O coordinador da candidatura, João Campos, explicou á axencia de noticias Lusa que a proposta "evidencia un conxunto de valores históricos e culturais de Portugal e da relación con Castela [Espanha], e destaca o feito de estar en vigor a fronteira máis antiga do mundo". A candidatura non negou a posibilidade de que no futuro se transforme nun ben transfronteirizo, prevendo a entrada de "bens con caracterÃsticas idénticas localizados do outro lado da fronteira". Nestes momentos, con todo, é formalmente unha aposta unicamente portuguesa. Nas últimas décadas houbo varias tentativas de promover iniciativas transfronteirizas en diferentes momentos, como en 1999, ou en 2009 cando Tui e Valença do Minho relanzaron a súa aposta sumando aos concellos de Cidade Rodrigo, Almeida, Badaxoz, Marvão, Estremoz e Elvas. Tui e Valença iniciaran conversas neste sentido en 2004 pouco despois da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade.