Avances para o Patrimonio da Humanidade en Galicia

Baiona e Ferrol dan novos pasos no proceso para se candidatar ante a UNESCO

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O alcalde de Baiona asinaba o pasado venres un documentos cos seus homólogos de Santa Fe de Vega (Granada) e Palos da Fronteira (Huelva) polo que os tres concellos propoñen conformar unha candidatura conxunta a Patrimonio da Humanidade. Co nome Lugares colombinos de España, os promotores remitirán o proxecto a gobernos autonómicos e central con vistas a recibir os apoios necesarios para chegar ante a UNESCO. O proxecto, pendente de elaboración, busca o recoñecemento dos lugares vencellados á primeira viaxe de Cristóbal Colón a América.

Pola súa banda, a candidatura do Ferrol da Ilustración está pendente da xuntanza que anunciou para vindeiras datas a Consellaría de Cultura con representantes locais para lle dar un novo impulso ao proxecto. Malia a que boa parte da documentación da candidatura está lista, fica por crear un ente específico para a xestión da proposta, un requerimento da propia UNESCO para a tomar en consideración.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio da Humanidade, UNESCO, Baiona, Ferrol...

Claves

Entidades