O 4 de decembro, co gallo da efeméride da asemblea de Melide de cabaleiros e prelados do Reino de Galicia celebrada en 1520, convértese esta localidade nunha porta ao coñecemento da historia galega do perÃodo da Baixa Idade Media e os inicios da Idade Moderna. Desde a celebración do quinto centenario daquela reunión, en 2020, o Museo Terra de Melide propuxo ao Consello da Cultura Galega a realización dunha xornada anual arredor desta data para fomentar e divulgar diversos aspectos culturais, históricos, artÃsticos e patrimoniais desa época. Este ciclo anual inaugúrase este mércores con vocación de continuidade baixo o tÃtulo "A unha voz na metade do Reino", tomado da obra colectiva publicada nese data do 500 aniversario, e bota a andar da man do Consello da Cultura Galega, coa colaboración do museo e o apoio do Concello de Melide.
A xornada de 2022 a celebrar este mércores, 30 de novembro, centra a atención nos cruceiros góticos de Galicia, dos que só se documentan dezanove exemplos. O obxectivo da xornada é poñer de relevo o conxunto “Cruceiros Góticos de Galicia” e dar a coñecer estas xoias patrimoniais, existentes antes das ideas contrarreformistas xurdidas en Trento, que logo fixeron proliferar a erección de cruceiros. O programa centrarase na análise e explicación destas pezas patrimoniais, que revisten unha importancia capital tanto no conxunto monumental da nosa terra como na mentalidade colectiva. Os especialistas consideran que en Melide se conserva o máis antigo dos recoñecidos ata hoxe. Pola xornada pasarán, como especialistas na materia, Fernando Arribas, presidente da Asociación de Amigos dos Cruceiros de Galicia; Clodio González, investigador e autor dunha obra do Consello da Cultura Galega sobre os cruceiros galegos; o historiador Xosé MarÃa Lema; e Xurxo Broz, arqueólogo e colaborador do Museo Terra de Melide.