O Museo das Peregrinacións recupera os cadros mitolóxicos de Sucasas sobre o Camiño

A exposición inaugurarase o 2 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

O Museo das Peregrinacións, en Santiago de Compostela, acollerá unha exposición do pintor lalinense Alfonso Sucasas centrada en representacións xacobeas. A exposición, titulada "Sucasas, camiño e mitoloxía" ten a particularidade de que recupera cincuenta e tres cadros que o pintor preparara para o Xacobeo 93 e que foron expostos na Casa da Parra nese ano e posterioremente, no ano 20000, na Casa da torre de Redondela. As obras estaban gardadas nunha nave da Xunta en Arzúa e, segundo La Voz de Galicia, foi a viúva de Sucasas quen chamou a atención sobre este conxunto de obras do pintor que non estaba visible ao público. En total son 56 obras, das cales hai 34 óleos, tres trípticos de gran formao e unha veintena de bocetos. A exposición está comisariada por Pilar Corredoira.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

O cotián como arte

O cotián como arte

Unha exposición achégase ao universo creativo de Alfonso Sucasas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo das Peregrinacións, Xacobeo, Torre, La Voz de Galicia...