Falece o pintor Alfonso Sucasas

A morte sorprendeuno na súa casa de vila de Cruces aos 72 anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Alfonso Sucasas

Alfonso Sucasas

Alfonso Sucasas, considerado como un dos últimos clásicos da pintura galega, falecía onte na súa casa de Vila de Cruces aos 72 anos. Logo de varios problemas de saúde nos últimos meses, o deceso aconteceu na intimidade familiar. O pasado mes de xaneiro abría en Vigo a última exposición dos seus traballos, unha antolóxica na que se repasaba a súa carreira a través de cincuenta pezas e que amosaban a súa evolución desde os temas populares ao expresionismo.

Que che parece esta nova?
101 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O cotián como arte

O cotián como arte

Unha exposición achégase ao universo creativo de Alfonso Sucasas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vila de Cruces, Morte, Clásicos, Vigo

Claves

Conceptos