Os xogos populares voltan a estar de moda. Tres novos libros amosan as regras destes divertimentos e analizan a súa importancia a nivel sociocultural. Coincidindo coa saÃda destas obras, chega ás librerÃas outra que recolle outra forma lúdica pouco investigada da nosa tradición oral, os relatos de tipo erótico-
Para xogar
Nada menos que tres obras veñen de saÃr de xeito simultáneo tratando diferentes aspectos dos xogos tradicionais galegos. Por unha vnda, en "Chirlosmirlos", obra de Antón Cortizas publicada en Xerais, podemos atopar as regras de máis de catrocentos xogos, con diferentes variantes e propostas de adpatación. Ademais inclúense fotografÃas, debuxos, letras e partituras de cancións. Trátase dunha obra eminentemente práctica que pretende colaborar na recuperación deste tipo de entretementos en plena era dixital. As fontes en que se basea esta obra son de tipo eminentemente tradicional, aÃnda que tamén recolle traballos de investigación anteriores nos que se tratou o xogo. AsÃ, aopamos referencias a autores coma Eladio RodrÃguez, Taboada Chivite, Bouza Brey ou Vicente Risco.
As outras dúas obras sobre xogos, que veñen de ser editadas por Sotelo Blanco, son o resultado das investigacións para a tese de doutoramento de Paco Veiga. Deste xeito, o libro "Xogo popular galego, educación e identificación cultural" céntrase en tratar a importancia do xogo como elemento de identificación cultural coa comunidade e sinala que nos anos cincuenta produciuse unha ruptura na cadea de transmisión deste tipo de xogos. Mentres, "O libro dos xogos populares galegos", presenta 123 fichas explicativas que recollen normas e carascterÃsticas doutros tantos xogos.
Xa non hai excusa para non xogar á chave, á billarda ou ás bolas.
Para contar
Unha das temáticas menos investigadas da nosa tradición oral, os contos eróticos, veñen de verse recompilados por primeira vez nunha obra. "Contos colorados" é o tÃtulo do traballo desenvolvido por Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Cuba, que, con ilustracións de Lázaro EnrÃquez, recolle douscentos noventa relatos do máis picante.
Os recompiladores que se encargaron da realización desta obra recolleron os escasos contos que se atopaban en obras sobre tradición oral e tiveron que percorrer diferentes aldeas para recoller dos máis anciáns as historias.
Ademais da colleita, tamén se realizou un labor de edición partindo das diferentes variantes dunha mesma historia para crear un relato que tenta ser o máis fiel posible á teórica primeira versión da historia.
Entre os contos que se recollen neste volume hainos desde os que teñen a extensión dun chiste ós que ocupan varias páxinas, satÃricos, sobre adulterio, sobre as relacións sexuais dos cregos ou mesmo sobre zoofilia.
Comparando con relatos recollidos en antoloxÃas de fóra de Galicia, os autores comprobaron que algunha das historias recollidas teñen máis de cincocentos anos, aparecendo en obras do século XVI.
Segundo sinala Xosé Miranda, a ausencia deste tipo de relatos nas recompilacións sobre literatura tradicional débese en grande medida ós prexuÃzos dalgúns investigadores, que eran "cregos ou ben católicos".