A Xunta creará un Observatorio da Innovación do Patrimonio Cultural

O novo organismo centrarase en destacar as intervencións sobre o patrimonio que teñan características anovadoras

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioPolíticas Culturais
Compartir:

No marco da celebración do Día do Patrimonio Mundial o conselleiro e Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, anunciou a intención da Xunta de Galicia de crear o Observatorio da Innovación do Patrimonio Cultural. Tal e como explicou o representante autonómico, o obxectivo desta nova ferramenta será coñecer as iniciativas de carácter público e privado que se centren en abordar o patrimonio cultural galego desde un enfoque innovador. O conselleiro fixo alusión aos traballos de restauración realizados na Catedral de Santiago e as técnicas neles empregadas, como exemplo da actuación sobre o patrimonio con características anovadoras. Así, a través deste observatorio detectaranse as boas prácticas arredor do patrimonio material e inmaterial de Galicia e impulsaranse a valoración e a sustentabilidade das intervencións realizadas e a súa difusión. Rodríguez asegurou que os orzamentos do vindeiro ano contarán cun incremento do 14% nas contas destinadas á conservación, restauración, investigación e divulgación de bens patrimoniais, encadrando este novo organismo nesa liña de traballo do goberno autonómico respecto ao patrimonio. Non se deron detalles sobre a composición, procedementos e funcionamento deste novo Observatorio da Innovación do Patrimonio Cultural.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Román Rodríguez, Catedral, Educación, Xunta de Galicia...