Falece o pintor vigués Santiago Montes

O artista tiña 83 anos e desenvolveu un intenso labor didáctico

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Sen título. Santiago Montes. 1997. Fonte: Afundación.

Sen título. Santiago Montes. 1997. Fonte: Afundación.

O pintor vigués Santiago Montes morreu este 13 de novembro aos 83 anos de idade. De formación autodidacta, unha obra súa inaugurou a colección do MARCO en 2018, a coincidir coa exposición retrospectiva Rara Avis que se lle dedicou neste museo. Ademais de neste centro, ten obras en espazos coma o Museo Quiñones de León ou a Colección Afundación.

De formación fundamentalmente autodidacta, Montes pasou dun estilo postimpresionista a propostas máis abstractas. Cunha grande habilidade para o debuxo, dedicou boa parte da súa carreira a dar clases de pintura na Cidade Olívica, onde está a ser moi recordado.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Quiñones de León, Afundación, Debuxo, Cidade Olívica...