A ConsellerÃa de Cultura vai desenvolver obras de rehabilitación en dúas igrexas da Ribeira Sacra coñecidas polas súas importantes pinturas murais. Santa MarÃa de Seteventos, no Saviñao, recibirá 291.000 euros para traballos de restauración integral da súa cuberta, coa intención de evitar filtracións de auga. Con este labor agárdase eliminar humidades ameazan a integridade que poidan danar o conxunto pictórico do século XVI no que se representa o XuÃzo Final.
Canda a este proxecto, a Xunta restaurará as fachadas exteriores, paredes e portas interiores e a eliminación de elementos descontextualizados deste conxunto románico. Ademais, abordarase a substitución da instalación eléctrica e realizaranse sondaxes arqueolóxicas na área.
En paralelo, a igrexa de San Xillao de Lobios, en Sober, tamén sufrirá obras de rehabilitación da súa cuberta por valor de 170.000 euros. Os traballos tamén afectarán ao chan e ás paredes interiores do edificio. Tamén se realizarán catas arqueolóxicas no interior e no exterior do templo. As importantes pinturas murais do templo foran obxecto dunha restauración que rematara en febreiro de 2021.