O Dúplex de Ferrol representará a España no Mes do Cine Europeo

Foi a única sala do Estado escolleita para este programa continental

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O Dúplex de Ferrol representará a España no Mes do Cine Europeo

A Academia do Cine Español seleccionou a sala ferrolá Dúplex como única representante do estado no Mes do Cine Europeo. O espazo galego será un dos 35 que representen outros tantos estados integrados neste programa a actuar como embaixadores das diferentes filmografías continentais.

O Mes do Cine Europeo iniciará a súa actividade o 13 de novembro, e ata o vindeiro 10 de decembro as salas que participan do proxecto desenvolverán unha programación especial con especial presenza de filmes do continente. Deste xeito, as estreas semanais da sala ferrolá estarán dedicadas a producións europeas, con títulos como As bestas (Rodrigo Sorogoyen), La maternal (Pilar Palomero), Abrázame forte (Mathieu Amalric), Close (Lukas Dhont), Suro (Mikel Gurrea), Scarlett (Pietro Marcello), A emperatriz rebelde (Marie Kreuzer) ou Mantícora (Carlos Vermut), que se suman á retrospectiva que dedica a Agnès Varda e á programación habitual.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Ferrol

Claves

Conceptos
Lugares