Ferrol volve contar con cine grazas á reapertura do Duplex

A sala inaugura a súa nova vida hoxe coa proxección de 'O que arde'

11/10/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Ferrol quedara sen salas de cine desde o verán, unha triste excepción entre as cidades galegas que a reapertura dos cines Duplex no barrio de Esteiro desfai desde hoxe. A sala pechaba esta verán ante un incerto futuro que agora ten, cana menos un proxecto de futuro ante si. Ramiro ledo, un dos impulsores da cooperativa NUMAX de Santiago recollía a luva de dar unha nova oportunidade ao recinto facendo nel cambios que inclúen, alén dalgunhas leves reformas das instalacións o programático. A busca de novos públicos reflectirase así na selección de producións e nas actividades e accións promocionais. O cine abr hoxe coa estrea galega do ano, O que arde de Oliver Laxe. De feito o director asistirá en persoa o vindeiro martes a facer alín unha presentación do seu filme. A busca dun público cinéfilo, máis alá de entrar na competición polos blockbusters será a liña a seguir polos Duplex, enfocados tamén cara ao universitarios e mesmo con accións conxuntas con colexios. A nova liña enfocarase en cine de autor, independente, documental e exhibición en versións orixinais.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Oliver Laxe, Documental, Numax

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos