Pancho Casal, de Continental, será poñente na Lei do Cine

Galego de Lei

21/2/2001 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Pancho Casal, director de Continental Produccións participará coma poñente para o debate da Lei do Cine que se fará no Congreso dos Deputados en Madrid o día 7 ou o 8 de marzo. Casal defenderá a necesidade dunha discriminación positiva do emprego do galego no cine, elevando a rango de lei os decretos que regulan este eido.

Leis

O proxecto de Lei que se discutirá no Congreso trata de regular a normativa respecto ó fomento de promoción da cinematrografía e o audiovisual, incluíndo as axudas públicas, a taxa de produccións feitas en España que se deben exhibir e as axudas ás linguas minoritarias entre outras cuestións.

Defensa do idioma

Pancho Casal defenderá que as normas para apoiar o cinema nas linguas minoritarias do estado, que actualmente teñen rango de decretos, pasen a ser leis, o que garantiría a continuidade destas axudas. Segundo el, facer unha película en galego custa dez veces máis esforzos que facelo en castelán. Ademais, reclama que se estableza un imposto sobre o cine americano que permita crear un fondo de axuda ás produccións desta banda do Atlántico.


Teledifusión

Outro dos puntos de Casal defenderá é a obrigatoriedade de que as televisión invistan un 5% das súas cifras de negocio na merca de películas de nova producción, o que significaría un forte impulso para o sector. Ademais, loitará porque as coproduccións con Europa e Latinoamérica conten con menos atrancos burocráticos.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

24/10/2011

A utopía posible

Pancho Casal promove Wecoop, unha plataforma para optimizar proxectos audiovisuais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Congreso dos Deputados, Madrid, Atlántico...