A Semana de Cine de Betanzos homenaxea ao produtor Pancho Casal

Pancho, Betanzos e o cine

20/6/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O traballo de Pancho Casal no mundo do audiovisual á cabeza de Continental, fixo que os organizadores da Semana de Cine de Betanzos decidiran homenaxealo nesta edición. O evento que comezará o vindeiro luns 26 ofrecerá un repaso por todas as facetas que ten abordardo como produtor: a primeira longametraxe profesional da produtora (“Finisterre”), a proxección dos seus mellores anuncios publicitarios e algunha mostra da súa produción televisiva. Ademais, o produtor aproveitou para anunciar que Betanzos será o escenario da nova película de Continental, “Abrígate”, que conta a historia dunha moza arxentina que regresa a Betanzos, a súa localidade natal.

Máis información en La Opinión

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Betanzos, Cine, La Opinión, Arxentina

Claves

Entidades
Conceptos