Ourense acollerá un congreso internacional sobre oralidade

É a única cidade do Estado que fai parte do programa Oralities

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O programa Oralities é unha iniciativa que agrupa as cidades europeas de Evora, Diana-a-nova e Mértola (Portugal), Sliven (Bulgaria), Rabean (Italia), Birgu (Malta) e mais a Asociación SUDS de Arles (Francia) arredor das bases comúns da cultura oral. Ourense, como a única cidade do Estado que participa no programa presentou onte os seus proxectos encol deste ámbito. Así, o tenente alcalde, Alexandre Sánchez, anunciou que no vindeiro mes de abril a cidade acollerá actuacións de música renacentista e barroca, e durante maio visitarana grupos de música tradicional. Ademais, Ourense comprometeuse a organizar para 2010 un congreso internacional centrado na cultura oral.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Italia, Francia, Portugal