Desde hoxe e ata o vindeiro dÃa 13, Ourense acolle a Conferencia Internacional de Tradición Oral (Oralidade e Patrimonio Cultural), un encontro que reúne experiencias de diferentes paÃses encol desta cuestión. O papel da muller na literatura popular ás posibilidades de salvagarda das culturas orais ou o papel dos polbeiros nas festas galegas son algúns dos temas que se abordarán no encontro, que se enmarca no programa Oralities, participado por cinco paÃses. De xeito paralelo, celébrase na cidade o Festival das Tres Culturas, no que participan músicos de Italia, Malta, Bulgaria, Portugal e Galicia. Ademais, o IES Otero Pedrayo acolle unha mostra de patrimonio inmaterial.
Conferencia Internacional de Tradición Oral (Oralidade e Patrimonio Cultural).