O Consello da Cultura acolle o Encontro Festlatino 2012

A proxección internacional das linguas peninsulares centra o encontro o vindeiro 3 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Cartel do Encontro Festlatino 2012

Cartel do Encontro Festlatino 2012

As linguas e culturas peninsulares e a súa proxección internacional é o título do seminario que acolle o vindeiro tres de abril a sede do Consello da Cultura en Compostela. A actividade, que constitúe o Encontro Feslatino 2012, analizará as perspectivas de difusión internacional do portugués, o castelán, o euskera e o catalán, e contará coa presenza de representantes do Instituto Camões, o Ramón Llull, o Cervantes e do propio movemento Festlatino. Ademais, dúas mesas redondas abordarán a proxección internacional das industrias culturais galegas e mais o papel institucional na difusión da cultura do país.

O Festlatino é nun movemento cultural e educacional que busca fomentar o diálogo entre os países de linguas e culturas neolatinas.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O desafío exterior

O desafío exterior

O CCG acolle un evento para reflexionar sobre a proxección internacional das linguas e culturas peninsulares

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Llull, Portugués, Cervantes, Consello da Cultura Galega...

Claves

Protagonistas
Conceptos