Alberto Varela Ferreiro lanza unha nova BD con Xerais

Finaliza a serie La espada de San Eufrasio e Félix Carreira presenta Bailencia na Coruña

A nova BD do veterano autor Alberto Varela Ferreiro vai saír da man de Edicións Xerais do título Plus Ultra. Transición ao futuro. A novela gráfica de 112 páxinas sitúase no período da transición e narra o retorno do emigrante Pepe Pardiñas a mesturar elementos sobrenaturais cos debates políticos do momento. Segundo o propio autor, a obra pretende ser "unha historia na transición contada desde Galicia e con humor" co pano de fondo dunha suposta invasión extraterrestre.

De xeito paralelo, o autor coruñés Félix Carreira presenta este sábado 5 na libraría Alita Orzán da Cidade Herculina a súa última obra Bailencia: El Ninja y La Guardia Civil. Ambientada nunha versión cyberpunk da propia urbe, percorre en tres historias de crime nun futuro achegado.

Tamén neste mes chega ás librarías o volume final da serie La espada de San Eufrasio. Co título Descanse en paz o volume con guión de Pepe Rey e Manolo López Poy e debuxos de Miguel Fernández completa as aventuras de Rosendo e da súa familia no medio das revoltas irmandiñas.