A escritora e membro da Real Academia Galega, Marilar Aleixandre ven de gañar o Premio Nacional de Narrativa, deste ano coa súa obra 'As malas mulleres' (Galaxia Editorial), a proposta do xurado reunido hoxe. O premio, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros. O xurado destaca da súa obra "a súa orixinal estrutura hÃbrida que a convirte nunha singular novela histórica sobre a situación carcelaria das mulleres no século XIX, cun admirable dominio do diálogo e da linguaxe". O xurado tamén sinala que "a obra recupera a memoria dun xeito brillante no diálogo coa tradición literaria. Un coro de voces femininas de diversas clases sociais introduce elementos da poesÃa popular e a cultura oral. A autora pon o acento nas desigualdades ao tempo que ofrece unha mirada esperanzadora: a capacidade de resiliencia e emancipación do ser humano, destacando a importancia da sororidade e do compromiso cos demais". Con este premio para Marilar Aleixandre o Premio Nacional de Narrativa recae por segundo ano consecutivo nunha obra literaria en galego, tras a designación o pasado ano de Xesús Fraga.