Carlos Labraña obtén o XXIII Premio SGAE de Teatro Infantil

É a primeira vez que unha obra en galego gaña o certame estatal

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Carlos Labraña. Fonte: Fundación SGAE

Carlos Labraña. Fonte: Fundación SGAE

A obra Mambrú volveu da guerra valeulle ao dramaturgo Carlos Labraña facerse co Premio SGAE de Teatro Infantil na súa vixésimo terceira edición. Esta é a primeira ocasión en que un texto en galego consegue facerse con este premio, ao que concorreron 39 orixinais. O galardón, dotado con 8.000 euros, inclúe ademais a publicación e a posta en escena da obra.

A Fundación SGAE, que convoca este certame, destacou da obra gañadora "o seu transfundo de recoñecemento á memoria histórica, a todos aqueles esquecidos en cunetas e tapias de cemiterios" ao tempo que recoñece a súa "gran dozura literaria e escénica".

A obra narra a historia de Xana, unha nena que chega a un novo parque infantil das afora onde atopa un vello soldado de louza. A partir de aí, o autor desenvolve a súa reivindicación da memoria histórica cara ao que o xurado considerou "un fermoso e inesperado desenlace".

O comité de selección desta xeira estivo presidido por Rafael Alcaraz e composto por Sara Pinet, Puri Fariza, Juan Rodríguez Santiago e Pablo Cruz.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Labraña, Carlos Labraña, Teatro, Guerra...